Novas

15.11.2022
18.11.2022 - Acto de entrega dos Premios ao Desenvolvemento Rural de Galicia
Acto de entrega dos Premios ao Desenvolvemento Rural de Galicia
O vindeiro venres 18 de novembro, ás 13.00h, terá lugar o acto de entrega dos premios ao Desenvolvemento Rural de Galicia na súa décimo terceira edición

O acto organizado cada ano pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural terá lugar no incomparable marco do Pazo da Almuzara (Boborás, Ourense) e está dirixido a salientar e premiar as iniciativas desenvolvidas en Galicia que contribúan de xeito singular a promocionar o noso medio rural e a xerar unha sociedade rural máis dinámica e cohesionada.

 

 


Os premios contan con 8 categorías :

a) Categoría mocidade
b) Categoría paisaxe rural
c) Categoría proxectos de interese social
d) Categoría turismo
e) Categoría sector agro-gandeiro
f) Categoría mulleres 
g) Categoría innovación tecnolóxica 
h) Categoría recuperación e posta en valor da terra agraria


Cada un dos premios recibirá un diploma e unha dotación en metálico de 10.000€.
O evento poderá seguirse on line a través da canle de youtube da Axencia.