Novas

25.01.2022
Axudas a servizos básicos locais en aldeas modelo e polígonos agroforestais
Resolución do 29 de decembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo e ámbitos territoriais vinculados aos instrumentos de recuperación da terra agraria, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento MR711D)

Estas axudas están destinadas a proporcionar á poboación rural desas áreas territoriais os servizos e dotacións básicas que cubran as súas principais necesidades, propiciando a implantación de actividades que poidan xerar emprego e fixar poboación, apoiando a implantación e mellora dos servizos á poboación rural e procurando satisfacer as novas necesidades dos habitantes.

Máis información >>

Extracto da resolución >>