
CARACTERÍSTICAS DA CONTRATACIÓN:
O Mércores 30 de Novembro de 2022, a xunta directiva do GDR 10 aprobou as bases para a contratación de persoal técnico do GDR Limia Arnoia. O equipo técnico será contratado mediante un proceso selectivo que respectará os principios de igualdade, mérito e capacidade.
Dadas as características do territorio pretendemos contar cun equipo interdisciplinario, móbil e dinámico que viaxe constantemente polo territorio para divulgar ou difundir información e para asesorar individualmente aos promotores dos proxectos. O seu horario será flexíbel en función das necesidades de cada momento e situación.
DEFINICIÓN DOS POSTOS, FUNCIÓNS E RESPONSABILIDADES:
Co obxectivo de completar e mellorar o equipo técnico do GDR10 Limia Arnoia que actualmente conta xa cun posto de coordinador/a e técnico /a, convócase o presente proceso selectivo para cubrir praza de técnico de persoal do GDR, condicionados á suficiencia orzamentaria asignada por AGADER ao GDR. O persoal contratado dará servizo nas oficinas de Xinzo de Limia, Allariz e Celanova.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Os/as interesados/as en participar no proceso selectivo, deberán presentar a súa solicitude, con indicación expresa do posto ao que se concorre, currículo, copia do DNI, carné de conducir, declaracións, copia da documentación que acredite os méritos alegados para a fase C e Anexo II (valoración de méritos).
As solicitudes presentaranse de forma telemática no mail info@limia‐arnoia.gal, entenderase por rexistrado cando o GDR envíe correo coa mensaxe “Recibido o seu número de rexistro é …”.
O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días naturais contados desde o día seguinte ao da data da publicación na prensa de tirada provincial, e será tamén publicada na web do GDR e nas RRSS (facebook e instagram da entidade) e na pagina web da Agencia Galega de Desenvolvemento Rural.
Pode descargar o PDF coa resolución na seguinte ligazón.