Novas

26.05.2025
Belén do Campo mantén un encontro coa directora xeral de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, para analizar os retos que teñen por diante os concellos rurais da provincia
Belén do Campo mantén un encontro coa directora xeral de Desenvolvemento Rural

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, mantivo, esta mañá, un encontro coa directora xeral de Desenvolvemento Rural e de AGADER Paz Rodríguez, para abordar os retos que teñen por diante os concellos rurais da provincia da Coruña.

No encontro tamén analizaron as necesidades dos municipios en cuestións relacionadas co desenvolvemento e as infraestruturas rurais, co obxectivo de mellorar nestas competencias para o beneficio da veciñanza. Nesta liña, fixeron un repaso das diferentes actuacións previstas en concentracións parcelarias da provincia, a situación do Plan de Infraestruturas Rurais (PIR), e as diferentes intervencións que se levan a cabo desde AGADER.

 

 

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas