Novas

29.06.2026
A consellería do Medio Rural avanza na mobilización de terras no concello de Touro
A consellería do Medio Rural avanza na mobilización de terras no concello de Touro

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse hoxe co alcalde do concello coruñés de Touro, Jesús Reboredo. Nesta xuntanza abordaron a situación dos terreos excluídos nas concentracións parcelarias de Montes de Fao e Novefontes, e a posibilidade de poñer en marcha outro tipo de instrumentos de mobilización de terras, como son as permutas de especial interese agrario.

Paz Rodríguez sinalou que as permutas son unha ferramenta moi eficaz na posta en valor da terra agraria. Con este instrumento, os propietarios de predios rústicos poderán intercambialos mediante mutuo acordo, mellorando a produtividade das explotacións agrarias das zonas nas que se implanten. 
 

 

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas