A directora de Agader reúnese co alcalde de San Xoán de Río para avanzar no seu proxecto de innovación rural
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo hoxe un encontro co alcalde do concello de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez.
Durante a reunión abordáronse diversos aspectos relacionados co proxecto de innovación rural que se desenvolverá no municipio ourensán, unha iniciativa que, sen dúbida, favorecerá o desenvolvemento sostible do medio rural e abrirá novas oportunidades, contribuíndo á mellora da calidade de vida e á fixación de poboación no territorio.
