Novas

05.02.2024
Invitación para o evento de presentación do procedemento de contratación CPI-AGADER
imaxe da nova

A Consellería de Medio Rural e a Axencia de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, organizan o evento de presentación da contratación do servizo de desenvolvemento e implantación dunha solución innovadora integral para a xestión das comunidades enerxéticas nas Aldeas Modelo de Galicia, cuxo documento descritivo xa foi publicado na Plataforma de Contratación do Sector Público.

banner_encontro_cpi.png

 

Trátase da primeira licitación do proxecto “Aldeas Intelixentes: solucións de futuro para aldeas sostibles”, conta cun presuposto de 1.179.750,00 € (IVA incluido), e o procedemento da adxudicación realizarase mediante diálogo competitivo, tratándose dunha Contratación Pública de Innovación.

Para axudar á preparación e presentación das ofertas, Agader organiza este evento informativo, que se realizará presencialmente no Auditorio 2, Edificio CINC, da Cidade da Cultura, Santiago de Compostela, con retransmisión on-line, en directo e aberta a través do canle de YouTube de Agader, o día 8 de febreiro de 2024, de 10:00 a 12:00 horas.

No evento, abordaranse os elementos esenciais do procedemento de contratación, coa fin de ofrecer unha visión detallada e clarificadora deste.

As empresas ou entidades interesadas en asistir presencialmente deben inscribirse enviando un email á dirección de correo cpm.agader [at] xunta.gal (cpm[dot]agader[at]xunta[dot]gal),  e indicando o nome da empresa ou entidade, así como o nombre, apelidos e cargo da/s persoa/s que desexa/n asistir para asegurar as prazas de asistencia presencial suficientes.

 

 

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas