Novas

10.11.2025
Medio Rural afonda na súa colaboración co Concello de Sarreaus a prol da mobilización de terra agraria
Medio Rural ahonda en su colaboración con el Ayuntamiento de Sarreaus

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo hoxe unha reunión co alcalde do concello ourensán de Sarreaus, Gumersindo Lamas, para afondar na colaboración coa Consellería do Medio Rural a prol da mobilización de terra agraria a través de ferramentas como son as concentracións parcelarias.

A Consellería do Medio Rural seguirá apostando o vindeiro ano polo desenvolvemento das parcelarias e, por iso, destinará 16,7 millóns de euros para estes proxectos. Dende o 2020 rematáronse 35 concentracións parcelarias, que abarcan unha superficie total de máis de 24.000 hectáreas e, este mesmo ano, entregáronse os títulos das de Xunqueira de Ambía e Oroso.

 

 

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas