Medio Rural avalía a mellora de infraestruturas municipais no concello de Laxe
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo hoxe un encontro co alcalde do concello de Laxe, Francisco Charlín, no que abordaron diferentes cuestións de interese para o municipio.
Durante a reunión avaliáronse asuntos relacionados coas infraestruturas locais, co propósito de avanzar na mellora dos equipamentos no ámbito rural, contribuíndo ao desenvolvemento sostible da zona.
