Novas

12.11.2024
Medio Rural coñece e valora diferentes proxectos de dinamización da contorna do concello ourensán de Beariz
dinamización da contorna do concello ourensán de Beariz

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou esta mañá o concello ourensán de Beariz, onde puido comprobar de primeira man algúns proxectos que se levan a cabo nesta localidade para impulsar e dinamizar a súa contorna.

Durante o seu percorrido pola vila, no que estivo tamén acompañada polo alcalde do Concello, Manuel Prado, a directora xeral coñeceu a Botica de Doade, que actualmente actúa como un espazo divulgativo sobre a historia sanitaria da bisbarra; para posteriormente trasladarse á aldea singular de Alvite, un espazo rehabilitado e que está a actuar como referente turístico da zona. Paz Rodríguez amosou o seu interese por estas iniciativas e valorounas de xeito positivo pola súa contribución á animación e ao impulso económico do municipio.
 
boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas