Novas

02.07.2026
Medio Rural destina 150.000 euros á mellora de 1,8 km de vías municipais en Lalín
Medio Rural destina 150.000 euros á mellora de 1,8 km de vías municipais en Lalín

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, comprobou o resultado das obras levadas a cabo nas parroquias de Santiso, Méixome e Vilatuxe.

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, acompañada polo alcalde de Lalín, José Crespo, visitou hoxe este concello, onde veñen de acometerse traballos de mellora en tres camiños de titularidade municipal. De xeito concreto, actuouse en zonas das parroquias de Santiso, Méixome e Vilatuxe. As obras abranguen un total de 1,8 quilómetros e contaron cun investimento de 150.000 euros.

Os traballos permitiron mellorar o firme das vías de comunicación obxecto destas actuacións. Ao mesmo tempo, tamén se realizou a limpeza de superficies e cunetas, outras obras complementarias e a instalación de sinalización.

Neste sentido, reafirmou a aposta do Goberno galego pola mellora das infraestruturas nas zonas rurais. Neste senso, lembrou que a Consellería destina este ano 19 millóns de euros ao Plan Camiña Rural para que os concellos poidan acometer este tipo de actuacións de ampliación ou mellora dos camiños que formen parte da rede viaria de acceso a unha ou a varias entidades de poboación.

 

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas