A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, e pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse esta tarde co alcalde de Rianxo, Julián Bustelo.

Na xuntanza constataron os avances rexistrados nas obras de construción da Base de Unidade Operativa (BUO) contra incendios forestais desta localidade. Así, xa están executadas na súa integridade as cimentacións, a estrutura de madeira, as cubertas, as fachadas e a carpintería exterior e trabállase na parte de fóra, máis concretamente na drenaxe perimetral con gabias para saneamento e outras instalacións e no movemento de terras para o acceso dende a beirarrúa. Asemade, no interior estase construíndo unha entreplanta de madeira, tabiques e instalacións como electricidade, iluminación, datos e climatización.