Medio Rural e o concello da Estrada exploran vías de colaboración para a recuperación da terra agraria
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, e o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, mantiveron este mediodía unha reunión na que abordaron a posibilidade de establecer diferentes vías de colaboración a prol do rural deste municipio pontevedrés.
Así, a directora e o rexedor avaliaron diversos instrumentos de recuperación da terra agraria que se poderían desenvolver no territorio estradense, e máis en concreto as permutas privadas como método de mobilización dos terreos agroforestais mediante o acordo entre particulares.
