Novas

02.04.2025
Medio Rural e o Concello de Cerdedo-Cotobade colaboran para restaurar a ponte de Pedre

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, e o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, asinaron hoxe un convenio de colaboración para realizar traballos de restauración na ponte de Pedre, neste concello pontevedrés. O acto, ao que tamén asistiu a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, serviu para formalizar unha actuación que suporá un investimento conxunto por ambas partes de algo máis de 86.000 euros. Os labores centraranse na limpeza vexetal e recuperación deste elemento patrimonial e da súa contorna.

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas