Medio Rural e os enxeñeiros agrónomos reúnense para concretar vías de colaboración entre ambas institucións
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo hoxe unha reunión cunha delegación do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos encabezado polo seu decano, Pedro Calaza.
A xuntanza ten como obxectivo analizar posibles vías de colaboración entre ambas institucións en distintos ámbitos de interese común para o rural galego, ademais de retomar o diálogo sobre determinadas liñas de cooperación técnica e institucional tanto no eido agroalimentario como no da mobilidade de terras e da dinamización territorial.
