A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, visitou unha obras levadas a cabo ao abeiro do Plan Marco de mellora de camiños municipais 2024/2025. A actuación consistiu no ensanche e pavimentación da vía no lugar de Veiguiña do Medio, situado na parroquia de Santa María de Sacos.
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, acompañada polo alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, visitou hoxe unha das actuacións levadas a cabo ao abeiro do Plan Marco de mellora de camiños municipais 2024/2025 nesta localidade, cun investimento de algo máis de 118.000 euros.
A actuación obxecto desta visita foi o ensanche e pavimentación da vía no lugar de Veiguiña do Medio, situado na parroquia de Santa María de Sacos. A través do Plan Marco financiáronse obras de mellora ou mantemento de camiños municipais que dan acceso en calquera punto do seu trazado a polo menos dúas parcelas agrícolas.
As infraestruturas viarias son de vital importancia para as contornas rurais, xa que xeran cohesión social e territorial, mellorando as condicións de vida e traballo nestas zonas, polo que as actuacións deste tipo cobran especial importancia. Ademais, cómpre salientar que os camiños rurais facilitan a accesibilidade e vertebración do territorio, reforzan o tecido social e contribúen a mellorar a capacidade organizativa e contribúen a fixar poboación.
