Novas

04.11.2025
Medio rural inviste máis de 300.000 euros para renovar a ponte da Maquía para facilitar as comunicacións entre os concellos de Ordes e Frades
Medio rural invierte más de 300.000 euros para renovar el puente de la Maquía

A conselleira María José Gómez visitou hoxe estas obras, que favorecerán o tránsito de vehículos agrícolas e impedirán os asolagamentos nos terreos adxacentes cando se produzan enchentes. Asegurou que se trata dun investimento “en favor da poboación rural” para afondar na mellora da súa mobilidade e a saída das producións do agro de cara os mercados. Sinalou que esta iniciativa forma parte do compromiso do Goberno autonómico a prol das infraestruturas rurais, cuxo compromiso orzamentario se segue mantendo en 2026, con 4,2 millóns de euros.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez; acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez; e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou esta mañá as obras de renovación da ponte da Maquía sobre o río Samo, onde se están investindo algo máis de 317.000 euros para mellorar as comunicacións entre os concellos de Frades e Ordes.

A titular de Medio Rural explicou que esta actuación facilitará o tránsito de vehículos agrícolas e impedirá os asolagamentos nos terreos adxacentes cando se produzan enchentes. Trátase dun investimento “en favor da poboación rural” para afondar na mellora da súa mobilidade e favorecer a saída das producións do agro cara os mercados.

Sinalou que esta iniciativa forma parte do compromiso do Goberno autonómico a prol das infraestruturas rurais, unha aposta que, como destacou Gómez, segue manifestando nos orzamentos da Consellería do Medio Rural para o ano 2026, con 4,2 millóns de euros para este concepto.


Aposta polo desenvolvemento rural

De cara ao ano que vén contémplase ademais unha partida de 16,7 millóns de euros para seguir impulsando procedementos de reestruturación parcelaria, ferramentas claves para dinamizar o rural e mellorar a competitividade das explotacións; ou os 17,7 millóns de euros para o Plan Camiña Rural, deseñado para actuar en vías municipais. Así, Gómez asegurou que o executivo galego aposta polo desenvolvemento rural “con feitos, orzamentos e con políticas de apoio aos concellos”.

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas