Novas

04.12.2025
Medio Rural pon en marcha a primeira xornada técnica de especialización, no marco do proxecto de cooperación Move Terra
jornada técnica en el marco del proyecto de cooperación Move Terra

 

Esta semana tivo lugar a primeira xornada técnica de especialización, no marco do proxecto de cooperación MOVE TERRA, impulsado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e desenvolvido por catro Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR).

 

O proxecto busca facilitar a implantación do Banco de Terras no territorio, a través da colaboración cos GDR, que apoiarán ao Banco na difusión e captación de necesidades de mobilización de terras rústicas. Sendo o principal obxectivo da actuación de cooperación, a loita contra o abandono da terra agraria e a súa posta en disposición de quen a necesite para usos agrícolas, gandeiros, forestais, de conservación da natureza e outros usos de interese social.

Nesta primeira xornada, o persoal da subdirección de mobilidade de terras da Axencia, informou ao persoal técnico dos GDR participantes no proxecto e aos AEDL e representantes dos concellos dos ámbitos territoriais destes GDR, sobre os instrumentos de mobilización e de recuperación da terra agraria.

Actúa como GDR coordinador do proxecto o GDR Asdecomor (provincia de A Coruña), sendo os GDR socios, Comarca de Lugo (Lugo), Salnés-Ulla-Umia (Pontevedra) e Sil Bibei Navea (Ourense).

 

Xornada técnica

 

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas