Novas

05.11.2024
Medio Rural reitera a solicitude de incluír o proxecto do Val de Lemos nos próximos plans de mellora da eficiencia e sustentabilidade en regadíos
proxecto do Val de Lemos

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, participou na mañá de hoxe na Mesa Nacional do Regadío, onde se puxo de manifesto a necesidade de que se teña en conta a súa modernización para aquelas zonas nas que as reestruturación parcelarias aínda non son unha realidade. Por isto, reitera a solicitude de incluír o proxecto do Val de Lemos nos próximos plans de mellora da eficiencia e da sustentabilidade en regadíos.

A Mesa Nacional do Regadío do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación ten como finalidade promover e facilitar a cooperación, consulta, análise e intercambio de información entre as comunidades autónomas e o Goberno central en materia de regadíos e de aplicación da auga na agricultura, así como o resto de partes interesadas para facilitar a gobernanza e o desenvolvemento eficiente da política de regadíos en España.
 
boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas