Novas

28.06.2024
O Premio “Biomasa Galega 2024” Ás Iniciativas da administración autonómica recae na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
Premio Biomasa Galega 2024 a Agader

A Directora Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez Rivera, recolleu o pasado 28 de xuño, o Premio Biomasa Galega 2024, polo impulso ao uso da biomasa na Administración autonómica, dentro do Proxecto piloto INTERREG POCTEP “ALDEALIX”.

A Directora Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez Rivera, recolleu o pasado 28 de xuño, o Premio Biomasa Galega 2024, polo impulso ao uso da biomasa na Administración autonómica, dentro do Proxecto piloto INTERREG POCTEP “ALDEALIX. O galardón foi entregado por Francisco Álvarez, presidente do Clúster da Biomasa de Galicia.

Tamén foron premiados Luis Ortíz, pola súa traxectoria investigadora na biomasa; Nutrimentos Deza, SA, como modelo de Descarbonización da Industria agrogandeira; a Compañía Española de Algas Mariñas (CEAMSA), polo compromiso de descarbonización da industria alimentaria; o Concello de Portas; José Carlos Alonso, pola súa traxectoria empresarial no eido da calefacción con biomasa; e Ignacio Lema Piñeiro, como presidente honorífico do Clúster da Biomasa.

O Acto de entrega desenvolveuse durante a celebración de Galiforest 2024, en Sergude, cita obrigada de profesionais do sector forestal, investigadores, empresas e administracións, interesadas en afrontar os desafíos e oportunidades que ten industria forestal na actualidade.

Este premio reflexa a aposta forte da Xunta de Galicia por acadar a neutralidade climática, tal coma recolle a Axenda Enerxética de Galicia 2030, existindo xa moi bós exemplos do uso da biomasa para acadar estes obxectivos de descarbonización, tanto no ámbito educativo como en hospitais e outros edificios públicos.

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural ten como obxectivo promover e coordinar o desenvolvemento do medio rural en Galicia, coa finalidade mellorar a calidade de vida dos seus habitantes, ao tempo que contribúe á cohesión do territorio, loitando especialmente contra o despoboamento, e poñendo en valor os recursos endóxenos de cada comarca.

O Proxecto ALDEALIX, financiado desde o PROGRAMA INTERREG POCTEP de Cooperación entre Galicia e Norte de Portugal, conta cun orzamento de 2,6 M€ e impulsará dúas Comunidades Enerxéticas Locais baseadas en biomasa, nos concellos de Monterrei e Cerdedo-Cotobade en Galicia, así como outras dúas en Vilapouca de Aguiar e Arcos de Valdevez, en Portugal.

Este proxecto ten unha elevada compoñente innovadora, e permitirá desenvolver redes de calor en pequenos núcleos de poboación, que se abastecerán de astilla e biomasa de “quilómetro cero”, permitindo reducir o risco de incendios nas proximidades desas poboacións.

 

 

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas