Resólvese a solicitude de cobertura mediante comisión de servizos/adscrición temporal do posto de Subdirector/a de Planificación e Dinamización do Medio Rural.
Por motivo de urxencia e inaprazable necesidade para o normal funcionamento do servizo, e de acordo co establecido no artigo 4.3 do Decreto 92/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo), polo que se aproba o Regulamento de situación administrativas dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia SOLICITOUSE a cobertura mediante comisión de servizos/adscrición temporal do seguinte posto:
Denominación: Subdirector/a de Planificación e Dinamización do Medio Rural
Código do posto: AGDR 04 00 00
Centro directivo: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)
Centro de destino: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)
Localidade: Santiago de Compostela
A esta cobertura déuselle publicidade mediante anuncio na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública, dende o 21 de decembro ata o 28 de decembro de 2022.
Pode descargar o PDF coa resolución na seguinte ligazón.
