Novas

29.12.2022
Resolución do 20 de decembro de 2022 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de xefe/a da Área Xurídica.
Anuncio

Publícase a Resolución do 20 de decembro de 2022 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de xefe/a da Área Xurídica da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de xefe/a da Área Xurídica (Diario Oficial de Galicia núm. 222, do 22 de novembro), de conformidade co establecido no dito anuncio,

DISPOÑO:

Primeiro:

Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de xefe/a da Área Xurídica, unha vez visto o informe emitido pola Secretaría Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Segundo:

En uso das atribucións conferidas polo artigo 10.2.m) do Decreto 79/2001, polo que se aproba o Regulamento da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, nomear a María José Prieto Fernández no seguinte posto:

Denominación do posto de traballo: xefe/a da Área Xurídica.

Categoría profesional: técnico I.

Código do posto: AGDR 01 02 00.

Destino do posto: Secretaría Xeral.

Terceiro:

O nomeamento referido no punto segundo desta resolución terá efectos administrativos e económicos desde o 1 de xaneiro de 2023, inclusive.

Cuarto:

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada perante o presidente da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2022

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

.imaxe-ficha-nova-esq-192x144{display:none;}

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas