Novas

08.02.2024
Resolución nomeamento das persoas seleccionadas no proceso extraordinario de estabilización da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

Resolución nomeamento das persoas seleccionadas no proceso extraordinario de estabilización da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

No Diario Oficial de Galicia de data 08/02/2024 (nº 28) publícase a RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2024 pola que se nomean as persoas seleccionadas no proceso extraordinario de estabilización pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso como persoal laboral fixo nas prazas de técnico/a de contabilidade, técnico/a de plans de estudos, técnico/a superior de estudos, oficial administrativo/a, programador/a (técnico/a informático), condutor/a ordenanza, referenciadas no anexo I do Decreto 79/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria de prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia, correspondente ao proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e de prazas de persoal laboral obxecto de funcionarización, de conformidade coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia convocado no Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro de 2022.

 

Ver resolución>>

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas