A Xunta avalía novas accións para promover o desenvolvemento rural de Ribadeo
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse esta mañá co alcalde do concello lucense de Ribadeo, Daniel Vega, para abordar a posibilidade de impulsar novas accións que promovan o desenvolvemento rural nesta localidade.
Así, avaliaron algunhas propostas presentadas polo rexedor deste municipio e estudouse que tipo de iniciativas poderían ser máis proveitosas para o concello. Neste sentido, Paz Rodríguez salientou a importancia da posta en marcha de proxectos novidosos que repercutan de xeito positivo na dinamización social e económica destas contornas.
