Novas

30.03.2025
A Xunta avanza na súa colaboración co concello de Muíños a prol do rural deste municipio ourensán
colaboración co concello de Muíños a prol do rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, mantivo unha reunión de traballo co alcalde de Muíños, Plácido Álvarez.  Na xuntanza, que se desenvolveu na Delegación territorial da Xunta en Ourense, participou tamén o seu titular, Manuel Pardo, o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, e a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez.

O encontro serviu para reforzar a colaboración entre a Xunta e o Concello en beneficio dos veciños deste municipio ourensán. En concreto, avanzouse en materias como a prevención e defensa fronte os incendios forestais, por un lado, e as infraestruturas e o desenvolvemento rural, por outro.

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas