A Xunta destaca a contribución de Alma Meiga ao desenvolvemento social e económico da súa contorna
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, visitou hoxe as instalacións de Alma Meiga, dedicadas á elaboración de aceite no concello ourensán de Castrelo de Miño. Alí, destacou a contribución desta empresa ao desenvolvemento social e económico da súa contorna, ao tempo que favorecen a xeración de emprego e a fixación de poboación.
Alma Meiga céntrase na produción de aceite de oliva virxe extra, caracterizado principalmente pola súa calidade, estreitamente vencellada ás variedades locais e autóctonas; así como ao valor patrimonial da súa colleita.
