Novas

14.10.2026
A Xunta destaca o papel das mulleres emprendedoras no rural no 30 aniversario de Pazo de Vilane
A Xunta destaca o papel das mulleres emprendedoras no rural

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, asistiu hoxe ao 30 aniversario de Pazo de Vilane nun acto no que destacou a importancia das mulleres emprendedoras no rural galego, coincidindo coa semana na que se celebra o Día Internacional da Muller Rural.

Pazo de Vilane foi fundado en 1996 por Juan Varela-Portas y Pardo e a súa muller, Piedad de Orduña. Actualmente, este proxecto está sendo xestionado pola súa filla, Nuria Varela-Portas de Orduña. Foron pioneiros na produción sostible e na comercialización de ovos de galiñas campeiras criadas en liberdade, favorecendo o benestar animal e a venda deste produto baixo criterios de sustentabilidade.
 

 

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas