A Xunta destina este ano 2,7 millóns de euros a proxectos de investimento en actividades empresariais para a diversificación agraria.
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases reguladoras desta liña de achegas, co obxectivo reforzar o tecido produtivo empresarial nas zonas rurais de Galicia mediante o apoio á adquisición de bens de equipamento inherentes á actividade empresarial que están desenvolvendo as empresas existentes, co fin de mellorar, ampliar e/ou modernizar as súas estruturas de produción e/ou servizos.
As solicitudes das subvencións poderán presentarse no prazo dun mes, contado a partir de mañán.
