Novas

29.01.2026
A Xunta e Cartelle reforzan a súa cooperación a prol do desenvolvemento rural neste concello ourensán
La Xunta y Cartelle refuerzan su cooperación a favor del desarrollo rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse esta tarde co alcalde de Cartelle, Jaime Sousa. A xuntanza centrouse na cooperación entre Xunta e Concello a prol do desenvolvemento rural neste municipio ourensán.

No encontro tamén se abordaron asuntos relacionados coa mellora das infraestruturas rurais, en especial no que atinxe á adecuación e posta en valor dos camiños municipais. Neste sentido cómpre sinalar que Cartelle benefíciase dunha achega por parte de Medio Rural de preto de 61.000 euros dentro do Plan Camiña Rural 2025-2026, repartidos nas dúas anualidades.
 

 

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas