A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo esta mañá unha xuntanza de traballo co alcalde do concello coruñés de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, na que se avaliaron diversas cuestións de interese para esta localidade vencelladas co desenvolvemento rural do municipio e a posta en marcha de mecanismos para a cesión de parcelas agrarias.

Abordouse a utilidade do Banco de Terras neste municipio. Paz Rodríguez lembrou que se trata dun instrumento creado co dobre obxectivo de evitar o abandono de terra agraria e de poñela a disposición de todas aquelas persoas que a necesiten para usos agrícolas, gandeiros, forestais, de conservación da natureza e patrimonio.