Novas

05.05.2026
A Xunta e o Concello de Celanova avalían vías de colaboración na mellora de infraestruturas rurais
La Xunta y el Ayuntamiento de Celanova avance de infraestructuras rurales

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo hoxe unha reunión co alcalde de Celanova, Antonio Puga, para avaliar vías de colaboración na mellora de infraestruturas rurais.

Desde o ano 2020 apoiouse a este concello con preto de 289.000 euros para levar a cabo diferentes actuacións en materia de mellora de camiños. Neste sentido, na convocatoria 2025-2026 do Plan Camiña Rural aprobouse unha axuda de máis de 63.000 euros para actuar en vías de titularidade municipal. A través destes apoios búscase mellorar infraestruturas que contribúen a vertebrar o territorio e ao mesmo tempo, dinamizar social e economicamente estas contornas.
 

 

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas