A Xunta e o Concello de Moraña avanzan na súa colaboración a prol das infraestruturas rurais do municipio
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse hoxe co alcalde de Moraña, José Luis Gómez, para abordar diferentes asuntos de interese para os veciños deste concello.
A xuntanza centrouse na análise da colaboración entre ambas as dúas partes en materia de mellora de infraestruturas municipais. Cómpre lembrar, neste sentido, que Moraña foi beneficiaria dunha achega dentro da convocatoria para 2025-2026 do Plan Camiña Rural que supera os 52.000 euros.
