Novas

28.02.2025
A Xunta e o concello de Outeiro de Rei impulsan as infraestruturas rurais e as parcelarias neste municipio lucense
A Xunta e o concello de Outeiro de Rei impulsan as infraestruturas rurais e as parcelarias

A Xunta e o concello de Outeiro de Rei impulsan as infraestruturas rurais e as parcelarias neste municipio lucense.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo hoxe unha reunión co alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo Lombao.

No encontro abordáronse temas relacionados coa mellora de infraestruturas rurais neste concello e avanzouse tamén nos procesos de reestruturación parcelaria, con vistas a seguir activando a mobilización e recuperación de terras no seu termo municipal.

 

 

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas