A Xunta e o Concello de Vilar de Santos estudan liñas de traballo a prol do desenvolvemento rural
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo hoxe unha reunión co alcalde de Vilar de Santos, Marcos Nogueiras, para estudiar liñas de traballo a prol do desenvolvemento rural nesta zona.
Esta xuntanza prodúcese tras a mantida coa conselleira do Medio Rural nun encontro previo co rexedor, no que se abordou un posible proxecto vinculado ao desenvolvemento dun regadío para a zona que se quere impulsar a nivel local. Tamén avaliaron outro tipo de iniciativas en materia de mellora de infraestruturas rurais.
