Novas

11.10.2022
A Xunta e o concello dos Blancos avalían a posibilidade de implementar dous polígonos agroforestais para gandería ovina
A Xunta e o concello dos Blancos avalían a posibilidade de implementar dous polígonos agroforestais para gandería ovina

Segundo o tratado pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o alcalde da localidade ourensá, poderían situarse nas parroquias de Aguís e Pexeiros

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, reuniuse hoxe co alcalde dos Blancos, José Manuel Castro, con quen tratou a posibilidade de implementar dous polígonos agroforestais nesta localidade ourensá, no marco da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia.

Segundo o tratado na xuntanza, esta figura podería servir para poñer en valor senllas áreas nas parroquias de Aguís e Pexeiros, coa idea de dar servizo aos produtores de gando ovino do municipio. Cabe lembrar que os polígonos agroforestais están concibidos para devolver á produción grandes superficies de terreo, podendo combinar os usos agrícola, gandeiro ou forestal.

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas