A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse esta tarde coa alcaldesa de Trazo, Josefina Suárez, e co alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro.

A xuntanza de traballo estivo centrada na mobilización de terras en ambos municipios coruñeses a través da figura das concentracións parcelarias. Analizáronse ademais diferentes asuntos relacionados coas infraestruturas rurais e as diversas vías de posible colaboración institucional nesta materia.