Dispoñible no seguinte enlace, o visor proporciona datos gráficos e alfanuméricos dos usos agroforestais actuais e históricos para a totalidade do territorio galego. Tamén permite consultar os sistemas agrarios de alto valor natural recollidos na lei de recuperación da terra agraria de Galicia. A ferramenta foi desenvolvida pola Axencia galega de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural en colaboración co Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A Xunta acaba de habilitar un visor xeográfico con información relativa aos instrumentos de planificación recollidos na Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. Foi desenvolvido pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural en colaboración co Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático no marco do acordo de colaboración asinado entre ambos departamentos no apoio dos traballos relacionados co desenvolvemento rural e os instrumentos recollidos na Lei.
O visor proporciona información gráfica e alfanumérica mediante o emprego de cartografía dixital do Mapa de usos agroforestais de Galicia (MUAG), cuxa finalidade é a de reflectir o uso das terras de carácter agroforestal no momento da súa elaboración ou, de ser o caso, da súa revisión. En ambas situacións, a finalidade é a de servir de punto de partida para a planificación da ordenación e xestión dos usos das terras agroforestais.
A información do visor está dispoñible para a súa descarga e irase actualizando segundo avance o desenvolvemento do resto de instrumentos de planificación recollidos na Lei, Catálogo de solos agropecuarios e forestais de Galicia e Catálogos parciais de solos.
O visor na actualidade permite a consulta de usos e coberturas actuais, usos históricos baseados no voo americano de 1956_57 e os sistemas de alto valor natural.
Enlace ao visor xeográfico:
