Novas

21.07.2024
A Xunta inviste preto de 3 millóns de euros en proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo
A Xunta inviste preto de 3 millóns de euros en proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo

O Diario Oficial de Galicia publicou esta semana a resolución destas axudas, beneficiando a 20 concellos que contan con este instrumento de mobilización incluído na Lei de recuperación da terra agraria. As actuacións subvencionables a través desta liña de achegas son, entre outras, a rehabilitación de espazos públicos ou edificios destinados a servizos públicos, a mellora de vías públicas, redes de servizos ou servizos dixitais.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou esta semana a resolución das axudas para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo, cun orzamento bianual de preto de 3 millóns de euros, cos que se busca facilitar a execución dos proxectos en 20 municipios que contan con esta ferramenta de mobilización incluída na Lei de recuperación da terra agraria de Galicia.

O obxectivo destas axudas é reforzar os servizos públicos e dotacións básicas proporcionados á poboación rural das aldeas modelo, favorecendo a implantación de actividades que xeren emprego e fixen poboación.

As actuacións subvencionables a través desta liña de axudas son, entre outras, a rehabilitación de espazos públicos ou edificios destinados a servizos públicos, a mellora de vías públicas, as redes de servizos (alumeado, auga, saneamento, enerxía, comunicacións...), servizos asistencias e culturais ou a rehabilitación de elementos patrimoniais como hórreos, fontes, lavadoiros ou muíños.

Neste sentido, estas achegas prestan especial interese á modernización dos núcleos rurais, polo que tamén se poderán empregar estas subvencións para dixitalizalos e implementar e-servizos mediante Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) específicas para a provisión de servizos no medio rural.


Ligazón á resolución no DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240717/AnuncioO90-100724-00…

 

 

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas