A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse esta mañá co director do Ecomuseo, el país del Abeyeiro, Alberto Uría, artífice do proxecto galardoado na categoría Paisaxe Rural na XV edición dos Premios ao Desenvolvemento Rural celebrados o pasado mes de decembro. Así, a conselleira resaltou a importancia deste tipo de iniciativas, que apostan pola recuperación e posta en valor da biodiversidade que caracteriza o rural galego.

Nesta xuntanza, na que tamén estivo presente a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, a conselleira amosou o seu interese por esta iniciativa e polo novo proxecto que está a preparar Uría, co fin de crear un centro de referencia para o estudo e a conservación da fauna e flora dos hábitats de montaña.