
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo hoxe un encontro co director de Aldealista, Juan Carlos Pérez, no que abordaron distintos aspectos do programa RuralHaus, unha iniciativa destinada a seguir impulsando a revitalización do rural galego.
Durante a reunión, Rodríguez destacou o valor desta actuación, que ten como finalidade dinamizar o rural da nosa comunidade a través da activación económica produtiva do territorio, a xeración de emprego vencellado á contorna, a formación e fixación de poboación, así como a rehabilitación do patrimonio sen desvinculalo da paisaxe. Todo isto lévase a cabo a través dun uso sostible, artesanal e contemporáneo dos materiais empregados.



 
  
  
  
 
