Novas

08.05.2026
A Xunta reúnese co concello de Trasmiras para avanzar na mellora de infraestruturas rurais
La Xunta se reúne con el ayuntamiento de Trasmiras para avanzar en la mejora de infraestructuras rurales

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo esta semana unha xuntanza co alcalde de Trasmiras, Emilio Pazos, para avanzar na mellora de infraestruturas rurais nesta localidade.

Este concello ten aprobada unha axuda de algo máis de 44.000 euros para executar actuacións nesta materia, ao abeiro da convocatoria 2025-2026 do Plan Camiña Rural. En total, desde o ano 2020 recibiu máis de 225.000 euros para afondar na mellora dunhas infraestruturas no rural que contribúen a vertebrar o territorio e, ao mesmo tempo, dinamizar social e economicamente estas contornas.
 

 

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas