Novas

10.11.2025
A Xunta salienta a importancia do traballo realizado polos GDR para dinamizar social e economicamente o rural galego
La Xunta destaca la importancia del trabajo realizado por los GDR

A conselleira do Medio Rural reuniuse hoxe coa xunta directiva da Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural onde asegurou que se seguirá colaborando con estas entidades de cara á próxima convocatoria das achegas Leader. Gómez rexeitou de novo a proposta orzamentaria da PAC a partir de 2028, baseada nun fondo único para os estados membros que non blinda todas as medidas e que pon en perigo fondos beneficiosos para Galicia como é a medida Leader.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, mantivo hoxe unha reunión co presidente da Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural, José Antonio Santiso Miramontes, e con demais representantes da súa xunta directiva, na que puxo en valor o traballo levado a cabo por estas entidades para favorecer a dinamización social e económica das contornas rurais galegas.

Na xuntanza, na que tamén participaron o director xeral da PAC e do control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño; e a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez; a conselleira afirmou que se seguirá colaborando cos GDR de cara á próxima convocatoria das achegas Leader, ás que cualificou como fundamentais para o medio rural galego.

Neste sentido, Gómez salientou a importancia que teñen estes fondos para Galicia e rexeitou de novo a proposta orzamentaria da PAC a partir de 2028 presentada pola Unión Europea, baseada nun fondo único para os estados membros que non blinda todas as medidas que contempla a Política Agraria Común na actualidade e que pon en perigo fondos beneficiosos para Galicia como é a medida Leader.

 

 

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas