Novas

28.06.2026
A Xunta salienta o papel das Olimpíadas Rurais de Friol como elemento de dinamización socioeconómica
A Xunta salienta o papel das Olimpíadas Rurais de Friol

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural, Paz Rodríguez, participou hoxe na clausura e entrega de premio da terceira edición das Olimpíadas Rurais de Friol, que se celebraron ao longo desta fin de semana na localidade. Nela, salientou o papel deste evento como elemento de dinamización socioeconómica do rural.

Neste sentido, destacou o apoio do Goberno galego a este tipo de iniciativas nas que se combina tradición, deporte, gastronomía e música. A maiores, trasladou os seus parabéns aos grupos premiados nesta nova edición.
 

 

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas