Proxecto básico

O proxecto básico é un documento técnico que elabora a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural unha vez que se produciu a declaración de utilidade pública do polígono agroforestal.

Está definido no artigo 86 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, e deberá conter como mínimo: o estudo de viabilidade, a revisión do parcelario afectado e a determinación de parcelas en que se presuma o estado de abandono ou infrautilización, a delimitación de exclusións de carácter produtivo, ambiental, paisaxístico e patrimonial, a investigación da titularidade das parcelas, os compromisos de adhesión ao proxecto, que deberán supor unha porcentaxe mínima do 70 % da superficie das terras incluídas no perímetro do polígono agroforestal e a  proposta de reestruturación da propiedade.

A|B|C|D|E|F|G|H|I| L|M|N|O|P|Q|R|S|T|U|V|X|Z
B
C
M
O
P
S
V