Novas

23.03.2025
Medio Rural pon en valor a XXXI edición da Feira do Queixo de Friol e pan de Ousá
Feira do Queixo de Friol e pan de Ousá

A titular do departamento asistiu esta mañá a este evento, ao que definiu como unha das citas gastronómicas máis importantes da comunidade. María José Gómez sinalou que se trata dunha moi boa oportunidade para poñer en valor as producións agroalimentarias que se realizan desde as contornas rurais, favorecendo a fixación de poboación nestas zonas.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez; e polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias; asistiu esta mañá á XXXI Edición da Feira do Queixo de Friol e pan de Ousá, que se celebra ao longo do día de hoxe nesta localidade.

Durante o seu percorrido pola feira, no que tamén estivo acompañada polo alcalde de Friol, José Ángel Santos, a conselleira destacou que se trata dunha das citas gastronómicas máis importantes da nosa comunidade, na que participan preto de medio cento de queixerías e cinco panadarías que amosan os seus produtos, ademais dos expositores de diversos sectores artesáns, téxtil e de hostalería tradicional.

María José Gómez sinalou que se trata dunha moi boa oportunidade para poñer en valor as producións agroalimentarias que se realizan desde as contornas rurais, favorecendo a fixación de poboación nestas zonas. Así, explicou que este tipo de eventos xogan un papel fundamental á hora de dinamizar socioconomicamente. Así, explicou que este tipo de eventos xogan un papel fundamental como elemento de dinamización social e económica.

Ademais, estas feiras favorecen as canles curtas de comercialización e o comercio de proximidade. Poñen en contacto aos produtores con consumidores potenciais, establecendo unha relación directa na que non existen os intermediarios.

 

 

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas