Miga de pan
- Inicio
- Novas
Menu principal AGADER
Novas
Resolución do 29 de decembro de 2021 para a concesión directa, mediante resolución, das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2022-2023 (código de procedemento MR701E)
Resolución do 29 de decembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de investimento en actvidades non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se
anuncia a convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento MR708A)
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural visitou hoxe este mercado, situado no recinto feiral da localidade coruñesa. Cun total de 150 postos habilitados, este mercado destaca por comercializar producións locais de primeira calidade como queixos, meles, froitas, hortalizas, pan e carne, ademais de produtos artesanais. Asemade, Curtis pertence á Reserva da Biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, promotora da marca da reserva da Biosfera, que recoñece os produtos agroalimentarios e os servizos con valores acordes ao espazo en que se desenvolven
Promovidas no marco da Lei de recuperación da terra, súmanse ás outras 14 aldeas declaradas en Galicia para poñer a producir parcelas abandonadas ou infrautilizadas ao tempo que se fixa poboación e se avanza na anticipación aos incendios forestais. A aldea de Sober terá unha superficie de case 17 hectáreas, cunhas 119 parcelas de 70 propietarios; a de Taboadela será doutras case 17 ha, unhas 223 parcelas e 109 titulares e a de Cualedro de preto de 60 ha, unhas 389 parcelas e 215 propietarios
Paxinación
