Vostede está aquí

Novas

22.12.2017
Medio Rural pecha o ano co traspaso de máis de 1.200 parcelas do banco de terras a 37 concellos galegos Entrega de títulos a concellos 22 de decembro de 2017
A conselleira formalizou hoxe o cambio de titularidade de 519 predios a dez municipios das catro provincias. Ultímase así o obxectivo de revisar os 2.500 predios sen utilidade agraria que formaban parte do catálogo público
19.12.2017
A Consellería do Medio Rural executou xa o 93,24% do programa Leader na convocatoria do 2017 Reunión Concello Agader
Ángeles Vázquez presidiu esta tarde en San Caetano a reunión do Consello Asesor e de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. O orzamento da Agader crece un 20,34%, ao pasar dos 36 millóns de euros en 2017 a máis de 43,5 millóns de euros en 2018
19.12.2017
Reunión ao abeiro do Convenio de colaboración para a Observación da Mobilidade e o Mercado da Terra de Galicia Reunión do Observatorio Mobilidade e Mercado da Terra en Galicia
A reunión de hoxe, celebrada na sede da Agader, foi unha reunión de carácter técnico presidida polo director xeral da Agader, D. Miguel A. Pérez Dubois e na que estiveron presentes representantes do Instituto de Estudos do Territorio, Axencia Tributaria de Galicia, Fundación Juana de Vega, Universidade de Santiago de Compostela, Instituto Galego de Estatística e da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, ao abeiro do Convenio de Colaboración para a Observación de Mobilidade e o Mercado da Terra de Galicia.
01.12.2017
Medio Rural avanza coa Fegamp os traballos para o reparto do futuro Plan marco de mellora de camiños municipais
O director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural reuniuse cos responsables da Federación Galega de Municipios e Provincias para impulsar este programa, dotado cuns 16 millóns de euros para o período 2018-2019.

Páxinas