Obxecto
Fomentar actuacións que animen á participación privada no proceso de desenvolvemento rural mediante a concesión de premios a iniciativas de desenvolvemento rural.
Persoas destinatarias
Persoas físicas ou xurídicas de natureza privada.
Iniciativas que poden ser premiadas
1. Os premios ao desenvolvemento rural de Galicia están dirixidos ás iniciativas que contribúan de maneira singular a promocionar o medio rural e a xerar unha sociedade rural máis dinámica e cohesionada. Nos termos desta resolución poderanse conceder os premios ás iniciativas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que se localicen no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Que estean executadas con carácter previo á data de publicación da convocatoria e non en fase de deseño ou execución.
2. Exclúense destes premios as iniciativas:
a) Promovidas e/ou presentadas por entidades que obtivesen algún premio nalgunha das anteriores edicións dos premios ao desenvolvemento rural de Galicia, dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural ou do premio Agader ao embelecemento do medio rural.
b) Que se desenvolvan nos sectores da pesca e a acuicultura.
c) Que estean relacionadas coa exportación a terceiros países ou a Estados membros.
d) Que fosen presentadas por entidades colaboradoras da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
Prazo
O prazo para presentar as candidaturas rematará o 16 de xullo de 2026.
Premios
En cada categoría concederase un primeiro premio cunha dotación de 10.000€, un segundo premio cunha dotación de 3.000€ e un terceiro premio cunha dotación de 1.000€
Categorías
| · | Mocidade |
| · | Proxectos de interese social |
| · | Sector agro-gandeiro |
| · | Mulleres |
| · | Innovación tecnolóxica |
| · | Recuperación e posta en valor da terra agraria |
Forma de presentación
Vía electrónica a través do formulario normalizado MR709A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, (anexo I).
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes de maneira presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia..
Máis información
Na web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
Na guía de procedementos e servizos da sede electrónica da Xunta de Galicia.
No teléfono 981 545 858 (Secretaría Xeral, da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural).
De maneira presencial na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, A Barcia 56, Laraño. 15897 Santiago de Compostela, con cita previa no teléfono 981 545 858.
Documentación
