Axudas destinadas á conservación da contorna paisaxística e loita contra a erosión nos viñedos da Ribeira Sacra.
Descarga a convocatoria facendo clic aquí.
Persoas beneficiarias
Persoas físicas e xurídicas viticultoras inscritas no rexistro do Consello Regulador DOP Ribeira Sacra.
Documentación a presentar
| · | Solicitude (Anexo I) |
| · | Autorización da representación, no caso de persoas físicas que actúen a través de representante (Anexo II). |
| · | No caso de persoas xurídicas, certificado expedido polo rexistro mercantil ou outros rexistros públicos, nos que se identifique a constitución e a representación correspondente, con indicacións do seu alcance e vixencia. |
Contía da axuda
A contía individualizada da axuda para cada persoa beneficiaria será, como máximo, de 2.000 € por hectárea para o sistema de cultivo tipo 1 e de 1.000 € por hectárea para o sistema de cultivo tipo 2.
Para estes efectos, o sistema de cultivo tipo 1, refírese ó cultivo da vide en socalcos de pedra onde o traballo realízase de forma non mecanizada, e o sistema de cultivo tipo 2, refírese ó cultivo da vide sen socalcos ou mediante traballo mecanizado.
Prazo
O prazo para presentar as solicitudes rematará o 30 de xaneiro de 2025.
Forma de presentación
Vía electrónica a través do formulario normalizado MR451B dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
As persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica tamén poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Resolución de concesión das axudas
O día 20 de maio de 2025 a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural asina a resolución pola que se conceden as axudas convocadas en virtude da Resolución do 19 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á conservación da contorna paisaxística e loita contra a erosión nos viñedos da Ribeira Sacra e se convocan para o ano 2025.
De acordo co establecido no artigo 12 de dita resolución, publícase no Diario Oficial de Galicia de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións de concesión e denegación das axudas e producirán os efectos de notificación.
Descarga a resolución facendo clic aquí.
Máis información
Na web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
Na guía de procedementos e servizos da sede electrónica da Xunta de Galicia.
Nos teléfonos da Axencia:
981 547 369
881 997 267
881 997 264
De xeito presencial na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, A Barcia 56, Laraño. 15897 Santiago de Compostela, con cita previa no teléfono 981 547 369.
Documentación

