Aldeas modelo

 

Unha aldea modelo é un tipo de instrumento de recuperación da terra agraria que ten como obxectivo poñer en produción, de xeito sustentable, as terras abandonadas de alta capacidade produtiva que rodean os núcleos de poboación, contribuíndo así á creación de actividade agrogandeira e á redución do risco de incendios.

Condicións:

· As terras perimetrais da aldea deben estar na súa maioría nun estado de grave abandono, ao tempo que deben ter unha boa capacidade produtiva.
· É necesario o acordo das persoas propietarias dun mínimo do 70% da superficie.
· As persoas propietarias dos terreos comprométense a incorporalos ao Banco de terras por un período mínimo de 10 anos.

 

Características: 

· É un instrumento totalmente voluntario; se o propietario non quere participar, as súas terras quedan excluídas.
· Non se reestruturan as parcelas, é dicir, non se tocan os marcos.
· As parcelas son arrendadas ás persoas propietarias a través do Banco de terras, polo que estes conservan a súa titularidade.
· Préstase especial atención ao mantemento, conservación e recuperación das infraestruturas agrarias (valados e rede de camiños interiores).
· É unha actuación respectuosa e sostible, ligada fundamentalmente a producións tradicionais e preferiblemente ecolóxicas.
· Formarán parte dunha Rede de Aldeas Modelo para xerar sinerxías e compartir coñecementos.

 

Fundamento legal:

· Artigos 79 e seguintes da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.
· Artigos 47.bis e 47.ter da Lei 6/2011 de mobilidade de terras.

 

Presentación:

Fai clic na imaxe seguinte para descargar unha presentación sobre as Aldeas Modelo.

 

Perímetro e faixa de incendios da aldea modelo de Parada dos Montes – A Pobra de Brollón

 

 

Estado das solicitudes de aldeas modelo

 

Provincia Municipio Aldea modelo Estado Declaración aldea modelo Superficie perímetro aldea (ha) Superficie perímetro aldea (ha) s/n Número de parcelas Número de propietarios catastro
Ourense Cenlle Osmo Aprobada 07/08/2019 23 18,32 153 48
Lugo O Incio Trascastro Aprobada 12/11/2019 15,43 14 136 82
Ourense Boborás Penedo Aprobada 12/11/2019 25,36 23,41 665 131
Ourense Carballeda de Avia Muimenta Aprobada 12/11/2019 34,02 29,1 1.660 241
Ourense O Irixo Trabazón Aprobada 12/11/2019 6,66 6,06 187 29
Ourense Monterrei Infesta Aprobada 12/11/2019 42,95 36,65 930 232
Lugo A Pobra de Brollón Parada dos Montes Aprobada 20/02/2020 16,96 15,55 278 73
Lugo Folgoso do Courel Moreda Aprobada 20/02/2020 39 38,86 73 44
Ourense O Pereiro de Aguiar Reboredo Aprobada 20/02/2020 27 15,13 158 95
Ourense Quintela de Leirado Xacebáns Aprobada 20/02/2020 37 31,67 606 127
Ourense Toén Trelle Aprobada 20/02/2020 37 28,18 515 157
Ourense A Veiga Meixide Aprobada 24/09/2020 71,28 71,25 646 151
Lugo Quiroga Bustelo de Fisteus Aprobada 21/05/2021 14,15 12,68 269 38
Ourense Riós Pedrosa Aprobada 21/05/2021 67,45 52,03 922 164
Lugo Sober Francos de Proendos Aprobada 21/01/2022 16,81 12,87 119 70
Ourense Cualedro Carzoá Aprobada 21/01/2022 59,8 53,68 389 215
Ourense Taboadela Covelo Aprobada 21/01/2022 16,81 15,05 223 109
Ourense A Gudiña O Seixo Aprobada 24/01/2022 31,78 30,6 223 76
Pontevedra Cerdedo-Cotobade Mouteira-Parada Aprobada 25/01/2022 19,6 17,99 427 109
Total 19       602,06 523,08 8.579 2.191
Cadro nº 1: Aldeas aprobadas a 25/01/2022

 

Provincia Municipio Aldea modelo Estado Superficie perímetro aldea (ha) Superficie perímetro aldea (ha) s/n Número de parcelas Número de propietarios catastro
A Coruña Ames Ferreiros En fase de recollida de sinatura 9,83 8,64 128 52
A Coruña Porto do Son Bustoseco En fase de recollida de sinatura 29,05 - 139 72
Lugo Navia de Suarna Vilela En fase de recollida de sinatura 47,86 47,83 60 16
Ourense O Barco de Valdeorras Villariño En fase de recollida de sinatura 20,96 17,1 330 170
Ourense Avión Cortegazas En fase de recollida de sinatura 17,88 15,11 727 99
Ourense Bande O Pazo En fase de recollida de sinatura 63,42 60,54 803 138
Ourense Porqueira Lobios En fase de recollida de sinatura 36,24 34,8 1.139 111
Ourense Carballeda de Valdeorras As Nogueiras En fase de recollida de sinatura 13,24 - 105 35
Pontevedra As Neves A Porteliña En fase de recollida de sinatura 34,57 34,57 819 359
Total 9     273,05 218,59 4.250 1.052
Cadro nº 2: Aldeas en fase de recollida de sinaturas a 25/01/2022

 

No mapa que se achega aparece a distribución territorial das aldeas modelo aprobadas e en fase de recollida de sinaturas.